Tras corenta e seis anos de democracia, onde os illados e puntuais cambios realizados no terceiro Poder non parecen compasarse aos tempos, quizais sexa bo deterse a falar con dous especialistas na materia para que nos iluminen, partindo de onde vimos, e vendo a evolución na Unión Europea, cara a onde debe encamiñarse un Poder tan determinante no noso sistema democrático e no noso futuro como é a Xustiza.
Para inaugurar o curso en Galicia Debate A Coruña, trataremos o tema da man de dous expertos, como son Luís Villares Naveira, maxistrado da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e do catedrático de Dereito Constitucional Francisco Caamaño Domínguez.
Farémolo o próximo 25 de setembro, mércores, nunha cea que se celebrará no Restaurante
Leirón, na planta 9 do Casino, na rúa Real 83, ás 21.00 horas.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios